Axencia Europea de Defensa

A Axencia Europea de Defensa (AED) é unha das tres Axencias da Unión Europea que funcionan exclusivamente no ámbito da política europea de seguridade e defensa. Realiza funcións de coordinación e cooperación intergobernamental a nivel comunitario en todos os asuntos relacionados coas capacidades defensivas dos Estados membros, principalmente a través da aproximación e progresiva integración das súas industrias militares e a cooperación tecnolóxica e de investigación en materia defensiva.

A AED realiza a súa función para todos os membros da Unión Europea fóra de Dinamarca, que se atopa acollida a unha excepción para desvincularse en asuntos da defensa europea.[1]

A Axencia Europea de Defensa foi establecida polo Consello da Unión Europea o 12 de xullo de 2004, seguindo as recomendacións adoptadas polo Consello Europeo de Tesalónica e anticipándose ás previsións do entón proxecto de Constitución Europea redactado pola Convención. A súa sede atópase en Bruxelas (Bélxica).

  1. European Defence Agency Arquivado 20 de outubro de 2006 en Wayback Machine. europa.eu

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search